Na Biblioteca de Ribeira sinatura de obra de Maribel Longueira

31 Outubro 2024

Hoxe na Biblioteca Municipal de Ribeira, a artista e fotógrafa Maribel Longueira asinou un exemplar da obra “Papagaio” que conta coas súas fotografías e poemas de Luisa Villalta e que fora editada por Laiovento en 2006 que existía na Biblioteca Municipal, xunto ao bibliotecario Xan Callón, pero tamén doou un par de obras; trátase da nova edición recente de “Papagaio” deste ano 2024 e de “Alguén agarda que volva alí”, un libro de 20 fotografías de Cuba realizadas por Maribel e acompañadas doutros tantos textos de escritores galegos entre os que se atopan Mendez Ferrín, Yolanda Castaño, Fdez. Naval, Chus Pato ou Lino Braxe.

Ata o vindeiro 29 de novembro, na sala de exposicións do CC Lustres Rivas poderase visitar gratuitamente a mostra fotográfica “Xente do Medio” realizada por esta artista que nos está acompañando estes días no marco do Festival Intenacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo que por primeira vez ten lugar en Ribeira e foi inaugurado onte polo alcalde Luis Pérez Barral e Marcos Gallego xunto a outras autoridades da Deputación, Xunta, Concello e o tecido social do municipio e da contorna.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.