A pobrense Casa da Mocidade abre as sĂșas portas

28 Febreiro 2020

Durante todo o dĂ­a de hoxe desenvolvĂ©ronse numerosas actividades na Casa da Mocidade para celebrar a sĂșa posta en marcha e dar a coñecer as instalaciĂłns e material alĂ­ dispoñible. Neste senso, alumnado do IES da Pobra do Caramiñal visitou o inmoble ao longo desta mañå, amosando o seu interese. Pola tarde houbo xornada de portas abertas do FabLab e aula multimedia; ademais de talleres e exhibiciĂłns de break dance, DJ e grafitti. E, pola noite, quenda dos concertos a cargo de Emm Thafor, Break Out e Rockolas.

Algunhas das persoas que se achegaron ata o referido edificio animåronse a practicar break dance, descubrir o mundo da arte urbana e, incluso, deseñar e fabricar diversas pezas coas impresoras 3D.

A Casa da Mocidade estĂĄ habilitada na primeira planta do antigo restaurante O Lagar. TrĂĄtase dun inmoble de 265’40 metros cadrados divididos en catro ĂĄreas principais. A multiusos, de 108’80 metros cadrados, estĂĄ dedicada ao ocio, actos culturais e calquera evento que poda deseñar e pensar a propia xuventude. Na sala de traballo, de 24’55 metros cadrados, que funciona tamĂ©n como aula de informĂĄtica libre con wifi, os usuarios poden estudar, reunirse, levar os seus propios ordenadores ou facer uso duns cantos alĂ­ dispostos. Na zona de FabLab, de 45’30 metros cadrados, sitĂșanse unha serie de ferramentas e maquinaria relacionada coa fabricaciĂłn e elaboraciĂłn de materiais por parte dos usuarios. AsĂ­, unha parte Ă© mĂĄis tecnolĂłxica con impresoras 3D e equipos mĂĄis modernos; e a outra conta con material tĂ­pico dun taller. E na cuarta sala, de 28’25 metros cadrados, localĂ­zase a maquinaria mĂĄis pesada.

Outros artigos

A Regata Liga Norte Traiñeiriñas muda o horario para a tarde

A previsión meteorolóxica para esta fin de semana fai que a Regata Liga Norte Traiñeiriñas cambie para o horario da tarde no såbado 4, por ser o momento previsto no que, segundo informou Meteogalicia e confirmaron o Concello da Pobra e o Club de Remo Puebla , agårdase...

+

As augas da Pobra serån escenario da Regata Liga Norte Traiñeiriñas

O remo non para na Pobra do Caramiñal. As augas da localidade acollerån a Regata Liga Norte Traiñeiriñas no såbado 4, a partir das 11.00 horas. Tomarån parte as categorías cadete, xuvenil e absoluta, tanto feminina coma masculina, da provincia da Coruña. O concelleiro...

+


Publicidade

ï‡Ș

Revista en papel



OpiniĂłn

“PaĂ­s de emigrantes” – JosĂ© Manuel Pena

“PaĂ­s de emigrantes” – JosĂ© Manuel Pena

Galicia para ser un paĂ­s de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algĂșn galego marchĂĄbase para SuĂ­za, EE.UU, Arxentina, CanadĂĄ, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. LuĂ­s Celeiro

“Quen o sabe?”. LuĂ­s Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén å cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...