A II Gala do Deporte de Outes celebrarase o 20 de decembro cunha manchea de premios

31 Outubro 2024

Este martes 29 de outubro celebrouse o acto de presentación da II Gala do Deporte en Outes que se celebrará o vindeiro 20 de decembro na Casa da Cultura local, a partir das 20.30 horas. Abriu o acto o alcalde Manuel González detallando a importancia que se lle está dando ao deporte no concello a través de varias obras e outras que están pendentes como o das luminarias do Pavillón e o céspede do Campo de Fútbol.

O concelleiro de deportes agradeceu a presencia dos clubs na presentación e sobre todo agradeceu a presenza do gañador do Mellor Deportista Promesa do ano pasado, Dani Abeijón, e que este ano aínda foi quen de superarse con creces a nivel europeo.

Logo o concelleiro presentou as categorías e as datas que son as seguintes:

Mellor Deportista Outense 2024 (masculino e feminino)

Mellor Deportista Promesa Outense (masculino e feminino)

Mellor Adestrador/a

Mellor Equipo

Mellor Club

Mellor Patrocinio

Mellor Evento do Ano

Ademais, resérvase para a comisión técnica deportiva a premio Mencións Especiais ano 2024.

As candidaturas poderán ser presentadas por calquera persoa, club ou entidade entre o 1 e o 22 de Novembro. O resto das bases podemos velas na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.