A asemblea da ARD Ría da Estrela elixe a Santiago Freire Abeijón como novo presidente

31 Outubro 2024

A Asociación Rural de Desenvolvemento Ría da Estre celebrou unha asemblea xeral ordinaria na Casa Consistorial de Lousame para elixir nova xunta directiva. Un procedemento ao que se presentou unha candidatura única e de consenso por parte dos cinco concellos integrados na ARD (Muros, Porto do Son, Outes, Lousame e Noia) e dos distintos partidos políticos representados (PP, PSOE, BNG e Compromiso por Outes).

Unha candidatura encabezada polo alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, quen será o presidente da ARD Ría da Estrela, sucedendo así a Teresa Villaverde Pais, tal e como fixera na presidencia da Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros Noia o pasado mes de agosto. Deste xeito mantense a tradición de que unha mesma persoa asuma a presidencia de ambas as dúas entidades, ARD e asociación, para “facilitar a coordinación e o establecemento de sinerxías entre elas”.

Freire Abeijón tivo palabras de agradecemento para a presidenta saínte, “que estivo todos estes anos facendo un gran labor e marcando unha liña de traballo fiable e de éxito á que agardamos dar continuidade para seguir crecendo como xeodestino, pero sempre centrados no noso valor fundamental, na nosa esencia, que é a ría da Estrela, a nosa gran fortaleza e o que nos diferencia doutras propostas”.

Xunta directiva

Freire Abeijón seguirá estando acompañado na xunta directiva da ARD Ría da Estrela por:

María Lago Lestón, alcaldesa de Muros, como vicepresidenta

Luís Oujo Pouso, alcalde de Porto do Son, como tesoureiro

Manuel González López, alcalde de Outes, como secretario

A eles únese agora Teresa Villaverde Pais, alcaldesa de Lousame, como vogal. Todos eles tomaron parte da asemblea xeral ordinaria celebrada no salón de plenos de Lousame, se ben a alcaldesa de Muros participou de forma telemática.

Todos coincidiron en recoñecer o traballo realizado pola presidenta saínte, baixo cuxo mandato a ARD Ría da Estrela foi quen de facer que estes cinco municipios (Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son) comezaran a funcionar como un destino turístico conxunto, coa creación do Xeodestino Ría de Muros Noia, e de poñer en marcha e impulsar o Camiño a Santiago da Ría Muros Noia, especialmente nos seus inicios, xa que ata o 2019 non se constituíu a asociación.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.