O Concello de Ribeira expresa a súa solidariedade e apoio ás persoas afectadas pola dana

30 Outubro 2024

O Concello de Ribeira expresou a súa solidariedade e apoio a todas as persoas afectadas pola recente dana que golpeou con forza especialmente a Comunidade Valenciana, deixando un saldo tráxico de persoas falecidas e desaparecidas.
Dende Ribeira, enviamos o noso máis sincero pésame ás familias e amizades que perderon aos seus seres queridos, e estendemos o noso agarimo e esperanza a quen aínda esperan noticias sobre o paradoiro dos seus familiares.
Queremos que a Comunidade Valenciana saiba que, nestes momentos tan duros, conta coa solidariedade e o apoio de todos e todas nós.
Desexamos que poidan superar este difícil episodio e reconstruír o perdido coa forza da unidade e a esperanza.
Dende o Concello de Ribeira poñémonos a disposición das autoridades polo que poidan precisar. Tamén gardaremos un minuto de silencio este xoves 31 de outubro de 2024 ás 13:30h diante do Concello (auditorio vello).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.