O Concello de Boiro acorda novos convenios cos clubs Boiromar, Malamía e Ciclista do Barbanza

30 Outubro 2024

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, asinaron na mañá deste 30 de outubro cadanseu convenio de colaboración co Club de Tenis Boiromar, o Club Deportivo Malamía e o Club Ciclista Barbanza.

Por parte do Club de Tenis asinou o acordo a súa presidenta, Ana Virginia Simal Orellano. A axuda económica irá destinada a financiar os gastos de arbitraxes, material deportivo, desprazamentos e aloxamentos; gastos de xestión publicitaria, gastos das inscricións en competicións oficiais e aqueles derivados da participación de deportistas no master provincial de Tenis 2024.

Daniel Torrado García, presidente do CD Malamía, asinou o convenio de colaboración coa entidade, que estará destinado a gastos xerais de arbitraxes, material deportivo, desprazamentos, aloxamento, gastos de xestión publicitaria, gastos de inscricións en competicións oficiais e participación de deportistas no Soño Olímpico.

Por parte do Club Ciclista Barbanza foi tamén o seu presidente, Ricardo Riveiro Núñez, quen asinou o convenio que, neste caso, está dirixido a financiar os gastos de arbitraxes, material deportivo, desprazamentos, aloxamento, gastos de xestión publicitaria e gastos de inscricións en competicións oficiais.

Preto de 30 clubs e entidades deportivas obteñen unha subvención nominativa que ten como obxecto sufragar os gastos xerais dos propios clubs no que o Concello de Boiro destina un importe que ascende aos 466.750 euros euros do orzamento municipal.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.