Ribeira conquista coa calidade dos seus produtos a nova edición de Xantar

27 Outubro 2024

O Concello de Ribeira estivo presente estes días (entre o 24 de outubro e este domingo 27) á feira Xantar, o 25ª Salón Internacional de Turismo Gastronómico, referente peninsular onde se dá cita o máis destacado do sector de España e Portugal. En concreto estiveron presentes as concellerías de Turismo e Mar da man dos edís Francisco Suárez-Puerta e Fernando Abraldes, respectivamente, que deseñaron a promoción para esta
importante feira vinculada á gastronomía. As dúas concellerías, baixo o nome Ribeira Turismo e Mar, deseñaron dúas demostracións-obradoiros cos mellores produtos do noso mar; percebes, navallas e polbo para poñer en valor as festas de exaltación do produto homónimas das parroquias de Aguiño e Palmeira respectivamente. Os obradoiros foron levados a cabo polo prestixioso chef boirense Miguel Mosteiro e para a ocasión trasladáronse este domingo á cidade das Burgas o alcalde, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, máis membros das confrarías do Concello de Ribeira.

Miguel Mosteiro mesturou novas propostas coa fórmula do tradicional, experimentou cuns callos utilizando a navalla de trampéante ou tamén unha crema de coliflor con polbo da lonxa de Ribeira na súa allada para pasar despois ás receitas máis tradicionais.

As demostracións, moi concorridas, repartíronse en dúas sesións durante tres horas. Suarez-Puerta manifestou que “foron un éxito total e superaron as nosas expectativas xa que nas dúas sesións estiveron cheas e incluso tivo que quedar xente fóra do evento por falta de produto”.

Pola súa banda, Fernando Abraldes exaltou o produto dicindo que “todo o que é o percebe colleuse no Parque Nacional das Illas Atlánticas, un percebe de alta calidade e de moi bo sabor, a navalla foi colleita en apnea nos
fondos da Illa de Sálvora e Vionta máis o polbo da Lonxa de Ribeira”. Tamén fixo referencia ao éxito da presentación que adianta que se repetirá para vindeiras edicións “xa que Ribeira conquistou o Xantar”, finalizou o concelleiro de Mar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.