Na Pobra intervención dos bombeiros pola alta concentración de monóxido de carbono nun garaxe

26 Outubro 2024
Bombeiros Boiro

Unha alta concentración de monóxido de carbono nun garaxe da rúa Rafael Dieste, na Pobra do Caramiñal, obrigou á intervención dos Bombeiros de Ribeira e Boiro na noite do venres. O incidente foi notificado ás 22:40 horas, cando un particular informou ao 112 Galicia de que o garaxe estaba cheo de fume, sen presenza de lapas e sen unha orixe clara.

Tras recibir o aviso, o 112 mobilizou un dispositivo de emerxencias no que participaron os Bombeiros de Ribeira e Boiro, a Garda Civil, a Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra do Caramiñal.

Os bombeiros traballaron durante varias horas para restablecer o sistema de extracción de aire e ventilar o espazo afectado, utilizando ventiladores para disipar o fume. Finalmente, remataron a intervención sen que ningunha persoa resultase ferida. A hipótese principal apunta a que un vehículo puido quedar co motor aceso dentro do garaxe durante un tempo prolongado, xerando a acumulación de monóxido de carbono.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.