A axenda valleinclaniana da Pobra aproximou ao público a edición facsímile “Flor de Santidad: Historia milenaria”

26 Outubro 2024

Unha nova presentación literaria desenvolveuse no seo das XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán: Flor de Santidad: Historia milenaria, de Ramón del Valle-Inclán con edición facsímile a cargo de Olivia Rodríguez Tudela, investigadora e profesora da Universidade da Coruña. Rescátase así a novela de 1920 cun coidado traballo que recrea a maquetaxe dun século atrás acompañada das ilustracións de Moya del Pino.

Trátase dunha publicación recoñecida polo Ministerio de Cultura decidiu outorgarlle o segundo premio ao facsímile mellor editado en España no 2023.

Unha reprodución que ve a luz da man do selo compostelán Alvarellos Editora e coa colaboración do investigador e neto do literato, Xaquín del Valle-Inclán Alsina. O público pobrense tivo ocasión de introducirse novamente no universo valleinclaniano na tarde do venres 25, nas instalacións do propio Museo Valle-Inclán, nun acto no que o alcalde, José Carlos Vidal, e o director da institución museística, Antonio González, acompañaron á propia Olivia Rodríguez Tudela e ao editor Quique Alvarellos Casas.

Con selo galego, recupérase unha lectura no seu formato orixinal, continuando o camiño emprendido no 2018 coa publicación do facsímile de La lámpara maravillosa.

O outubro valleinclaniano continúa durante a fin de semana con dúas accións no mundo das artes escénicas. A dramaturxia chega en formato de roteiro teatralizado por espazos da Pobra con A vila na que as pariu! Cen anos das Luces de Bohemia de Valle-Inclán, da man de Teatro Enpunto, neste sábado 26, a partir das 12.30 horas. O punto de encontro establécese no Cantón da Leña.

E Cardume Teatro representará Las galas del difunto… e outros esperpentos no Teatro Cine Elma, ás 19.30 horas do domingo 27.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.