As persoas máis lectoras da Pobra foron agasalladas con motivo do Día das Bibliotecas 2024

25 Outubro 2024

A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal quixo conmemorar o Día das Bibliotecas 2024 (este 24 de outubro) con dúas accións que comezaron na tarde do mércores 23 cun contacontos na Biblioteca Municipal Victoriano García Martí: Contos de sapos, bruxas e curuxas, con Paula Carballeira, ao abeiro do programa Ler Conta Moito.

E, no propio día 24, quíxose premiar as persoas máis lectoras da Pobra atendendo ao número de libros lidos solicitados en préstamo na dita biblioteca dende o Día das Bibliotecas do pasado ano. As distincións foron parar a Juana Lago Suárez, con 108 lecturas, na categoría adulta, e a Pablo Morao López, con 139 lecturas, na infantil.

O alcalde, José Carlos Vidal; a concelleira da Cultura, Patricia Lojo; e a bibliotecaria municipal, Loló Fernández, fixeron entrega dos agasallos consistentes en cadanseu diploma e lote de libros.

“Queremos seguir fomentando a viaxe polo mundo das palabras e estimular a imaxinación. Por iso, á sesión de contacontos que temos habitualmente por estas datas, decidimos incorpora-la distinción ás persoas máis lectoras do noso concello. E, para tal ocasión, non hai mellor premio ca máis lecturas coas que desfrutar e un diploma. Consideramos que este tipo de accións serven de incentivo entre a poboación para ler máis e animarse a adquirir o hábito lector”, en palabras da edil.

Pola súa parte, o rexedor amosou o orgullo que representa ter unha Biblioteca Municipal das características da pobrense, onde desempeñou gran parte da súa traxectoria profesional, e polo número de persoas usuarias da mesma.

E, tanto Juana coma Pablo, amosaron a súa satisfacción pola recompensa.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.