Volven os Premios ABE á excelencia empresarial

24 Outubro 2024

Tralo éxito da edición do pasado ano, na que se xuntaron máis de 150 persoas na gala de entrega dos Premios ABE á excelencia empresarial, a ABE abre este xoves 24 de outubro o período de votacións para a edición de este ano.

Segundo informou a patronal boirense, as empresas asociadas xa poden votar para elixir entre os 207 socios da entidade quen serán a mellor empresa e o mellor comercio de 2024.

Para votar as asociadas só teñen que acceder ao formulario e elixir aos comercios e empresas favoritas coa única limitación de non elixir aos gañadores de edicións anteriores.

O prazo comeza este 24 de outubro e remata o venres 8 de novembro.

Ademais deses dous premios a directiva da ABE outorgará o Premio de Honra a unha persoa empresaria recoñecendo a súa traxectoria e contribucións a economía local.

A gala deste ano celebrarase na Pousada da Galiza Imaxinaria o venres 22 de novembro.

Histórico de premiados

ANOMELLOR COMERCIOMELLOR EMPRESAPREMIO DE HONRA
2017FARMACIA CIMADEVILAA POUSADA DA GALIZA IMAXINARIA 
2018BALDANI CONCEPT STORELA DOCE 
2019SUPER CLAUDIO A TENDA DE PEPAMOAI 
2021THE DESIRE SHOPJEALSAJOSÉ GARCIA SÁNCHEZ
2022CARNICERÍA MONCHO BOGAA TERRAZA DO FURANCHOJOSÉ ESPAÑA SILVA
2023CETAREA ANGEL MARCOAXIALROSA MARIA TEIXEIRA

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.