O día da entrega dos Premios da Crítica de Galicia, para a Cultura galega é un dos días máis
importantes do ano. Un día de festa, de gozo, de recoñecemento do traballo feito nos
distintos ámbitos e de proxección de novas ideas, novas formas, atencións e miradas. Estes
premios convocáronse por primeira vez en 1978. A iniciativa foi do Círculo Orensán-Vigués e
continuada, a partir de 1992, pola Fundación Premios da Crítica Galicia.
Ao comezar (e ata o 1996) eran seis modalidades ou categorías: Creación literaria, Ensaio e
pensamento, Investigación, Ciencias e artes da representación, Música e Iniciativas
culturais. Os promotores, motores intelectuais e organizadores destes Premios merecen un
monumento, merecen os parabéns de todas as persoas que queren (queremos) unha Galicia
máis grande e máis próspera.
En 1978, os gañadores dos Premios, Alfonso Pexegueiro, por Mar e naufraxio; Andrés Torres
Queiruga, por Recupera-la salvación; Isidro Parga Pondal, en Investigación; a soprano María
Uriz Mosquera, en Ciencias e artes da representación; A Roda e Milladoiro, en Música, e o
Museo do Pobo Galego, na categoría de Iniciativas Culturais. Non hai nada que dicir, parece
que foi acertada a decisión, igual que acertaron nos anos posteriores.
Este ano, tamén. Agora xa son dez categorías e todo resultou do agrado da maioría,
convertendo a Vigo, un día por ano, na capital universal da cultura nosa, da que nos dá
orgullo por ser de onde somos. Xa o di a Tía Manuela, “se non foses ti, Galicia, nós seríamos
de ningures”.
Ninguén é de ningures. Uns, os máis, son de onde nacen, e moitos outros, os homes, as
bestas, e todos os que alentan son de onde nacen, menos os burros que son de onde
pacen.
Os premiados deste ano, e todos os dos anos anteriores, merecen parabéns de quen o conta
e dos lectores amables. Moitas grazas para uns e para os outros, para todos. Parabéns para
Bieito Ledo, para Bragado, o novo “coronel” dos Premios e para ese exército de sesenta ou
setenta voluntarios asalariados con cadanseu billete, pagados. Parabéns para todos os que
baten as súas mans, amosando sinais de alegría; para todos os que gozan coa ledicia dos
outros.
A ledicia foi grande ao ver, aquel día, a Antón Pulido e Modesto Hermida compaxinados. Aos
seus anos, seguen irmandados e, na ocasión foron moi loados. As súas palabras amigas, as
súas miradas profundas e comprometidas, xunto aos seus corazóns enormes, agrandaron a
festa e deixaron unha mensaxe de esperanza para a Galicia enteira, baseada no falar
continuado do silencio e sen ningún ruído, para que se entenda todo, todo o que se pode
comprender.
“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz
“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...



