Ambar recibiu unha axuda para prestar apoios a persoas traballadoras con diversidades e empresas inclusivas

24 Outubro 2024

A asociación barbanzá Ambar ten concedida unha axuda para prestar apoios e acompañar a persoas traballadoras con diversidade e empresas inclusivas na contorna sociolaboral.

Estas actuacións son posíbeis grazas á subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con fondos recibidos do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) para o Programa para financiar os custos salariais e da seguridade social derivados da contratación das persoas preparadoras laborais que leven a cabo accións de Emprego con Apoio da convocatoria TR342A do ano 2024.

Dúas persoas con diversidade funcional contaron cos apoios prestados por unha preparadora laboral da Asociación Ambar co obxectivo de facilitar a súa adaptación social e laboral nunha empresa do mercado ordinario.

A través de ECA (Emprego Con Apoio) realízanse accións como:

-Orientación, asesoramento e acompañamento á persoa con diversidade, elaborando un programa de adaptación ó posto de traballo.

-Achegamento e apoio entre persoa traballadora e equipo de traballo.

-Apoio á persoa traballadora no desenvolvemento de habilidades sociais e comunicativas para mellorar as relacións na contorna laboral.

-Adestramento nas tarefas no posto de traballo.

-Asesoramento e información á empresa sobre as necesidades e procesos de adaptación do
posto de traballo.

    Outros artigos

    Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

    A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

    +

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    O Barbanza
    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.