Porto do Son celebra este mércores na fachada marítima o Día da Loita Contra o Cancro de Mama

23 Outubro 2024

O Concello, a delegación sonense da AECC (Asociación Española Contra o Cancro) e a veciñanza de Porto do Son súmase este 23 de outubro á marea de cor rosa.

A cidadanía mobilízase hoxe nun acto conmemorativo enmarcado no Día Internacional da Loita Contra o Cancro do Mama, inicialmente previsto para o pasado 19 de outubro pero, no caso de Porto do Son, aprazado por mor do mal tempo para a xornada deste 23. A cita será ás 20.00 horas na estacada da Fachada Marítima de Porto do Son. Desenvolverase baixo o lema oficial da AECC: O rosa é máis que unha cor. A organización, que agradece a máxima participación das veciñas e dos veciños, lembra ademais que seguen abertas as inscricións para a andaina solidaria (Porto do Son en Marcha Contra o Cancro) prevista para este domingo 27 de outubro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.