“Intervir e regular o mercado inmobiliario” – José Manuel Pena

22 Outubro 2024

É bo, necesario e conveniente lembrar a loita polo dereito á vivenda para entender a situación actual. Todos os políticos, gobernantes e a sociedade en xeral somos conscientes de que un dos maiores problemas aos que nos enfrontamos é o da vivenda.

Hai case dúas décadas comezamos a sensibilizar ás entidades financeiras e ás administracións públicas para entender que a sinatura das hipotecas non era unicamente unha cuestión particular. As entidades financeiras non podían desafiuzar sen máis, a familias vulnerables ou humildes, por non poder pagar as cotas hipotecarias. Tiñan que garantirlles os seus dereitos, unha vez que había cantidade de cláusulas abusivas nos devanditos contratos que beneficiaban unicamente aos bancos. Era obrigatorio poñer límites á usura bancaria e avanzouse, tendo que estudar cada caso e intermediar para ofrecerlles saídas amigables a través dunha dación en pago, unha moratoria, un alugueiro social, unha reestruturación do préstamo, etc. .

Hai que lembrar que as entidades financeiras esixían avalistas para formalizar calquera préstamo hipotecario. Cando sucedía algunha causa sobrevinda, por determinadas circunstancias laborais ou persoais, as familias perdían as súas vivendas habituais, as vivendas dos avalistas (normalmente a dos pais) e quedaban coas débedas para sempre. Isto ocorría, non hai moito tempo e é bo telo en conta.

Actualmente, haberá que facer o mesmo con moitos dos rendistas ou propietarios de vivendas en alugueiro. Hai que lembrarlles que non todo vale, nun Estado Social e Democrático. Non se pode impoñer un prezo abusivo ao arrendamento das vivendas habituais, de longa duración. Non se deben esixir moitos máis meses de fianza que os legalmente establecidos; non se poden impoñer avais bancarios para a sinatura dun arrendamento; non se pode obrigar a que os inquilinos formalicen un seguro privado por falta de pagamento de rendas; tampouco se pode presionar a que os inquilinos abonen o IBI (contribución) ou que aseguren o contido e continente do propio inmoble, etc. .

Non podemos cansarnos de insistir en que é urxente intervir e regular o mercado inmobiliario. Poñendo a traballar os labores inspectores nos grupos inmobiliarios e sacar ao mercado as miles de vivendas baleiras e rehabilitar ou terminar as urbanizacións pantasmas existentes. Logo, a medio e longo prazo, construír máis vivendas públicas en réxime de alugueiro e que non poidan transmitirse a terceiros. Insistimos, sempre, de que non é tan complicado, só é cuestión de valentía e vontade política.

José Manuel Pena, voceiro da Plataforma Stop Deshaucios Barbanza.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.