Outes acollerá un obradoiro artístico sobre maternidade e coidados

22 Outubro 2024

O Centro de Información á Muller do Concello de Outes impulsa este outono un obradoiro sobre maternidade e coidados a partir de dinámicas artísticas e teatrais. O obradoiro Espellos Íntimos celebrarase os días 28 e 29 de outubro ás 13.00 horas e o 30 de novembro en horario de mañá, de 10.00 a 12.00 horas, na Casa da Cultura de Outes. Será impartido por Helena Varela e Noemí Rodríguez e vai destinado ás veciñas do concello con independencia da súa idade. Organiza o CIM coa colaboración da Deputación. Quen precise máis información ou formalizar a inscrición no CIM de Outes, teléfono 981 850 949.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.