O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e o concelleiro de Obras, José Alberto Angueira, visitaron os días pasados o Pazo de Martelo, sede da Biblioteca Municipal, co obxectivo de comprobar as obras de rehabilitación realizadas e coincidindo co seu remate.
Segundo destacou o rexedor rianxeiro, “estes últimos meses foron meses de moito traballo administrativo para cumprir cos fitos e esixencias que se nos impoñen aos concellos ao percibir os denominados fondos europeos Next Generation EU”. O alcalde agradeceu tamén a comprensión de todos os veciños e comerciantes afectados polo desenvolvemento das obras.

A rehabilitación integral do Pazo do Martelo foi adxudicada en 1.410.912,03€ e conta cunha achega de algo más de 978.000€ por parte da Administración central, a través do denominado Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos das Entidades Locais, deseñado no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.




