O Concello de Boiro saca a licitación as obras para o pavimentado de rueiros en Runs e San Mauro

21 Outubro 2024


O Concello de Boiro sacou a licitación as obras de pavimentación e instalacións de rueiro en Runs e San Mauro por importe de 429.865,99 euros. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratos do Sector Público ata o 6 de novembro. O Concello explicou que o proxecto que se pretende executar abrangue a pavimentación e instalación de rueiro en San Mauro, na parroquia de Lampón, e en Runs, na parroquia de Boiro. “Na actualidade os rueiros existentes presentan un mal estado xeral por esgotamento da vida útil do pavimento e, ademais, non existe rede de saneamento de augas pluviais”, engade o Goberno local.

As obras contemplan a pavimentación e instalación de rueiros nos dous núcleos coa dotación de rede de saneamento de auga pluviais e rede de abastecemento, substitución de luminarias existentes por luminarias LED e execución de pavimento continuo de formigón, pavimento de lousas de granito e pavimento de lastros de granito (adoquíns).

O proxecto atópase agora en fase de licitación por un prezo de 429.865,99 euros e as empresas interesadas deberán remitir as súas solicitudes e oferta xunto coa documentación a través da Plataforma de Contratos do Sector Público antes do 6 de novembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.