
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron nun operativo para atender unha saída de vía na estrada AG-11, á altura do punto quilométrico 13, ao seu paso polo concello de Rianxo.
No accidente de tráfico un turismo rematou saíndo da vía. Na incidencia houbo tres feridos leves, que rexeitaron ser atendidos e trasladados a un centro sanitario.
No operativo participaron tamén o 061 e Protección Civil de Rianxo, así como a Garda Civil de Tráfico.



