Presentada a XVII edición da Aula Galega de Saxofón, organizada polo Conservatorio Municipal de Ribeira

18 Outubro 2024

Este 18 de outubro celebrouse en Ribeira a presentación desta vixésimo sétima edición da Aula Galega de Saxofón. Participaron no acto a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e o profesor de saxofón do Conservatorio, José Fungueiriño, que ademais é o coordinador e responsábel destes cursos.

Rivadulla salientou a calidade da Aula e das audicións tanto de alumnado como de profesorado que son abertas para toda a veciñanza: “Eu persoalmente vivino o ano pasado e podo dicir que foi fantástico”, sinalou a concelleira.

Na presentación deuse a coñecer o programa do primeiro cuadrimestre (de outubro a xaneiro) que vai constar de
catro encontros con seis profesores, cinco saxofonistas e un pianista.

Este ano a aula vai contar con oito encontros de outubro a maio con saxofonistas que “aínda que novos teñen unha calidade e recoñecemento a nivel nacional e internacional”, sinalou a concelleira.

Fungueiriño resaltou que os dous profesores que van a impartir estes cursos foron alumnos dos mesmos: “Estamos falando de Xabier Casal (que impartirá en outubro e decembro) oriúndo de Santiago e que actualmente traballa no Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares, e Adrián Pais, que impartirá as clases no mes de novembro e que é natural de Taragoña”.

Fungueiriño sinalou que “cabe destacar esta faceta do aula que sirve tamén como integradora de antigos alumnos e que fan de modelo para os novos estudantes”.

Para rematar falou dos grandes intérpretes que se achegarán a este curso: Carlos Ordóñez, Xavier Larsson e Takahiro Mita.

O seminario Aula Galega de Saxofón ao igual que o ano pasado vai constar de dous cuadrimestes. É unha actividade que pon ao Conservatorio de Ribeira como referente doutras propostas que fóra de Galicia se puxeron en marcha o ano pasado.

O alumnado usuario da actividade é na súa maioría estudantes do grao profesional.

Das quince prazas ofertadas, as cales se cubriron todas, seis corresponden a alumnado do Conservatorio de Ribeira e as outras nove a outros conservatorios e escolas de música da xeografía galega: Rianxo, Valga, Pontevedra, Santiago, Silleda, Sanxenxo…

En canto a financiamento, a Aula Galega de Saxofón está sustentada nunha parte polos usuarios, outra parte sae do orzamento do conservatorio e tamén mencionar os colaboradores como Musical Pontevedra, Yamaha e Roi Barros Luthier que tamén foi alumno do aula e que agora fai unha gran labor, ademais de saxofonista, como reparador de saxofóns.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.