O BNG esixe cubrir as vacantes de facultativos nos centros de saúde de Ribeira e Aguiño médico

18 Outubro 2024

O BNG vén de rexistrar iniciativas parlamentarias para esixir ao Goberno galego que cubra as prazas de médicos que hai sen cubrir nos centros de saúde de Aguiño e de Ribeira.

Os nacionalistas denuncian “a deterioración progresiva da Atención Primaria baixo a xestión do Partido Popular”, e esixe á Xunta “a cobertura inmediata das prazas vacantes neses centros”. Explican que “a situación actual, marcada pola falta de persoal sanitario e administrativo, está a provocar demoras inaceptábeis na atención aos pacientes, sobrecarga laboral nos profesionais, e un empeoramento crónico da calidade do servizo”.

Segundo informou o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, “no Centro de Saúde de Ribeira, que atende a unha poboación de máis de 20.000 persoas, deberían traballar 14 facultativos pero actualmente só están en activo 10, quedando catro prazas sen cubrir”. Dúas destas prazas, engadiu, “non teñen médico asignado, o que implica que uns 3.000 pacientes son atendidos por un profesional diferente en cada consulta”. Ademais, apuntou, “outras dúas vacantes levan anos sen cubrir, o que agrava aínda máis a demora na atención e a sobrecarga dos médicos que seguen en activo”.

Por outra banda, critica que no Punto de Atención Continuada (PAC) tamén se rexistra a falta dun profesional sanitario.

Pérez Barral laiouse de que “a situación na parroquia de Aguiño sexa moito peor”, onde “das dúas prazas de facultativo dispoñíbeis, unha está vacante debido a unha baixa e a outra quedará sen médico pola xubilación do profesional, sen que ata o momento a Consellería de Sanidade confirmase a súa cobertura”, sinalou.

Pola súa banda, a deputada Rosana Pérez Fernández, explicou que non é a primeira vez que o BNG presentou múltiples iniciativas no Parlamento galego e no Concello de Ribeira desde 2021, denunciando que esta situación débese “ás políticas de recortes e abandono aplicadas polo Partido Popular”. Segundo a parlamentaria, “as reiteradas queixas dos usuarios e as mobilizacións da cidadanía de Ribeira e das súas parroquias poñen de manifesto o malestar polas longas esperas e a precariedade dos servizos de saúde”.

Engadiu a deputada da Pobra do Caramiñal que “o desmantelamento da sanidade pública está a afectar gravemente á poboación, que sofre demoras de días e semanas na súa atención, co risco de que as súas patoloxías se agraven… este deterioro crónico da calidade asistencial converteuse nunha constante, e é insostíbel que a Consellería siga ignorando a situación”, denunciou Pérez Fernández, demandando de xeito urxente “a cobertura de todas as prazas vacantes nos centros de saúde de Ribeira e Aguiño para garantir unha atención sanitaria digna e adecuada á poboación” e esixindo “a dotación de persoal administrativo suficiente para evitar as longas filas de espera que a diario se forman nestes centros”.

Concluíron deste xeito: “Dende o BNG imos seguir a carón da poboación que demanda unha atención digna e a pesar da falta de recursos e do abandono por parte do Goberno da Xunta, o BNG destaca a dedicación e esforzo dos profesionais sanitarios, quen, co seu compromiso e entrega, tratan de paliar os efectos desta grave crise na Atención Primaria”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...