A Deputación completa un investimento de 1,5 millóns nas obras de mellora da estrada DP-1105, que conecta Noia, Lousame e Boiro

16 Outubro 2024

A Deputación da Coruña vén de completar un investimento de 1,5 millóns de euros nas obras de renovación do firme e mellora da seguridade viaria da estrada provincial DP 1105, que conecta os municipios de Noia, Lousame e Boiro.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a deputada de Vías de Obras, Mónica Rodríguez, supervisaron o resultado das obras, que se executaron en dúas fases e supuxeron a renovación completa da pavimentación da vía ao longo de 13 quilómetros que discorren polos citados municipios, aí como o pintado de marcas viarias, bordes e pasos de peóns e a renovación da sinalización horizontal e vertical.

Formoso destacou a a importante mellora da seguridade “nunha estrada fundamental para a vertebración das comunicacións da comarca, que ademais rexistra un elevado volume de tráfico diario”, unha actuación que enmarcou “na aposta da Deputación por mellorar continuamente unha rede viaria que suma máis de 2.100 quilómetros na provincia da Coruña”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.