Na mañá deste martes 15 de outubro celebrouse en Porto do Son o acto oficial de recepción da deportista local Noa Romero Fernández, campioa mundial de España e Europa de taekwondo. Na cita, o alcalde, os concelleiros e os membros da Corporación Municipal renderon homenaxe a Noa e á súa familia e recoñeceron o labor do seu equipo Natural Sport, no que milita Noa. Segundo lembraron, a deportista é habitual nas convocatorias da Federación Galega de Taekwondo e da Real Federacion Española de Taekwondo y D.A. O seu palmarés deste ano incluíu os seguintes logros: Presidentes Cup (en abril), campioa de España (en maio), campioa de Europa (en xuño) e campioa do mundo (en outubro).




