“Mariñeiros: 40 anos de mar e barcos na radio”. Antón Luaces

15 Outubro 2024

Este martes a SER cumpriu 100 anos. 

Cos meus cumprimentos, permítanme os lectores que, en falando de radio, lembre aquí unha -Radio Exterior de España, de RNE- que festexou este mesmo día por todo o alto os primeiros 40 anos dun mítico programa: “Españoles en la Mar” que, cando eu tiven a honra de o  dirixir e presentar -anos 80 e 90 do século pasado e primeiros anos do século actual (ata a miña xubilación)- chegou a ter unha audiencia de 83 millóns de persoas en todo o mundo, delas unha moi importante representación do mundo do mar tanto do sector pesqueiro-marisqueiro como da mariña mercante e da Armada española.

Foron aqueles anos de traballo permanente, coas aportacións de compañeiros de toda a España marítima, especialmente de Vigo e Pontevedra -tamén da franxa costeira de Lugo-, Asturias, Cantabria, Euskadi, Cataluña, Comunidade de Valencia, rexión de Murcia, Andalucía, Baleares e Canarias, a os correspondentes de RNE en Cuba, Nova Iorq, Argentina, Venezuela, Reino Unido, Irlanda e un longo etc. de países.

Cada poucos días recibiamos unha manchea de cartas de oíntes residentes nesas nacións, algúns deles sen vínculos directos co mar (foi moi relevante a chamada ao programa realizada dende Holanda por un camioneiro español que transportaba froitos -se non lembro mal- quen, ao lle preguntar o motivo polo que escoitaba acotìo “Españoles en la Mar” respostou sen dubidalo: “Porque me gusta o mar e aínda me gusta máis a radio que me acompaña dende vai anos por todas as estradas da Unión Europea”.

Os emigrantes españois figuraban na lexión de oíntes de REE, e os profesionais tamén españois ou de fala hispana que pescaban ou navegaban por todos os mares da Terra (daquela non había Internet) conectaban diariamente con “Españoles en la Mar”, como o facían no acampamento de Tinduf a lexión de saharauis que sintonizaban cada día e difundian o programa a través do servizo de megafonía instalado nesa zona alxeriana.

Milleiros de anécdotas rexistradas ao longo de tantos anos, de historias como as dos enfrontamentos coas patrulleiras marroquinas, coas patrulleiras irlandesas e francesas, as inglesas e arxentinas, a  “guerra das volantas”, a “guerra do fletán”, etc., etc., os accidentes no mar -tanto no estranxeiro coma en augas españolas-, as entrevistas motivadas por actuacións políticas da UE… Todo está gardado na mochila dos que tivemos a sorte de realizar ese tan benquerido programa con xa 40 anos de vida ás costas e que en tantas e tantas ocasións se referiou ao Barbanza a través das vivencias do contramestre Marcos, home de mar que tanto botaron de menos os oíntes cando souberon do seu pasamento.

Corenta anos de “Españoles en la Mar” en Radio Exterior de España. Como se fose onte. E aínda vai poucos días, un oínte me contaba as reviravoltas que daba a bordo

do buque que tripulaba polo Rhin para poder escoitar o “seu” programa.

Longa vida, compañeiros!. Por outros 40 máis.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.