
O Concello de Ribeira informou do “bo ritmo” das obras de accesibilidade na contorna do Faro de Corrubedo, actuación para a cal asinouse un convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Administración local co obxectivo de executar o Plan de Sustentabilidade Turística de Ribeira e no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea Next Generation EU.
Con este proxecto preténdese mellorar a accesibilidade e humanizar os espazos nas inmediacións deste ben patrimonial, en palabras do Concello “un dos emblemas turísticos do noso municipio ao que cada ano acoden milleiros de visitantes para contemplar este ben patrimonial e a natureza salvaxe que o rodea”.
Nesta primeira fase da actuación actúase nun treito de beirarrúa de 713 metros de lonxitude alargando a beirarrúa actual, que pasará de 1,50 m a 2,50 m e mellorando tamén o pavimento, substituíndo o actual de aglomerado asfáltico, por outro novo de formigón puído, con bordo de formigón.
A obra de mellora foi adxudicada á empresa Construccións Fermín Simal, SL cun orzamento de 77.961,75 €.




