Ribeira reforza a limpeza e o mantemento dos contedores de lixo

14 Outubro 2024

Dende a Concellería de Servizos Municipais de Ribeira informan á veciñanza que se están a levar a cabo os labores de reposición dos contedores de lixo que se atopaban en mal estado, moitos dos cales, segundo explicou o dito departamento do Concello, “xa superan a metade do tempo de uso estimado e están en malas condicións para reparar; polo tanto, vanse mudar por uns novos e os restantes repararanse e limparanse”.

Asemade a concelleira, Tania Redondo asumiu a súa responsabilidade na tardanza neste senso: “Pido desculpas publicamente ante a veciñanza de Ribeira polos inconvenientes xerados e o que levan sufrido dende antes do verán e comprométome a mellorar esta situación”.

Pola outra banda, manifestou que ela e o alcalde, Luís Pérez Barral, mantiveron o pasado setembro unha xuntanza coa empresa adxudicataria do servizo (Urbaser) na cal se lle volveu a trasladar o malestar dos veciños e veciñas. A empresa xustificou certos atrasos no arranxo dos contedores e no seu mantemento “por mor de que a firma contratada para os recambios non lle daba subministrado as pezas novas para os arranxos e recambios”.

Redondo tamén fixo saber que Urbaser contratou a outra empresa de mantemento de recambios que xa está traballando sobre o terreo, xa rematou na parroquia de Olveira e irá reparando por todas as demais parroquias nos vindeiros días e semanas.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.