“Emerxencia social” – José Manuel Pena

11 Outubro 2024

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións hipotecarias, en total 6.343 desaloxos ou lanzamentos. É evidente de que os desafiuzamentos creceron un 7,8 por cento, a pesar de todas as medidas adoptadas polas administracións públicas e do alongamento da moratoria para persoas vulnerábeis.

Por outra banda o CGPJ destaca, no seu informe, sobre o descenso das ocupacións. A propia ministra de Vivenda sinala que “o problema non está nas ocupacións, senón en atender aos que máis o necesitan”. Tamén resalta a urxencia no “regulamento dos aloxamentos temporais e turísticos”. É evidente de que existe unha emerxencia social, en materia de vivenda e é o problema fundamental para unha gran maioría de cidadáns.

En Galicia, nese mesmo período había 24 ocupacións ilegais de vivendas, fronte aos 289 desafiuzamentos de vivendas habituais. Por iso, a pesar das medidas adoptadas por parte dalgunhas administracións, non son suficientes para garantir o dereito á vivenda, fronte á especulación e á usura dalgúns rendistas, fondos de investimento ou grupos inmobiliarios. Sen esquecernos da desinformación e as trolas dalgúns medios de comunicación que están ao servizo de todos eses especuladores e traficantes de inmobles.

A realidade é a que é e o demais son demagoxias e faladoiros estériles. Podes estar sen traballo, non saber ler nin escribir, carecer dun vehículo privado ou ter máis ou menos para comer, pero o que non podes é estar sen teito ou vivenda. Iso é un ben básico de consumo que xa debería estar garantido, a estas alturas da película.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.