A arte crítica de Conde Corbal recala na Pobra a través da exposición “O fardel da guerra”

10 Outubro 2024

Xosé Conde Corbal tivo unha longa traxectoria como debuxante, pintor e ilustrador e, precisamente, a través da súa profesión, da arte, logrou capta-la historia.
En O fardel da guerra, publicado en 1987, amosa a Guerra Civil e a longa posguerra a través de 88 láminas e unha portadiña. Pero non acada éxito nese momento. Con motivo do centenario do nacemento do artista, a
Deputación de Pontevedra reedita no 2023 a obra sobre a guerra civil e a Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital colle tamén o testemuño de difusor dun dos grandes ilustradores galegos do século XX.
A comezos deste ano, o dito Museo do Gravado inaugurou nas súas instalacións a exposición Xosé Conde Corbal. O fardel da guerra 1936-1986 e, xunto coa Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, chega neste
mes de outubro á casa da cultura Raquel Fernández Soler. Atópase integrada por unha escolma de 40 láminas nas que se atopan as pezas A nova do fillo morto pola patria, Fusilamento de Bóveda, Os bicos da nai, Vaise ó monte, Fuxidos polo mar, Rapaban as roxas, Alfonso Rodríguez Castelao ou Ramón María del Valle-Inclán.
Unha serie de estampas que amosan “unha visión crítica dunha época convulsa na historia do noso país: a Guerra Civil Española, a posguerra e a ditadura franquista. Por iso, podemos ver escenas nas que, a través da
arte, podemos palpa-la fame, o loito, o terror daqueles anos. E tamén temos a persoeiros testemuñas deste período; un deles cun vínculo indiscutible coa Pobra do Caramiñal: Valle-Inclán. Corbal colle ao creador
do esperpento para comprender mellor aqueles anos, para deixar memoria dun mundo negro e castrador”, en palabras da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, durante o acto inaugural que tivo lugar na tarde deste 10 de outubro, no que o toque musical veu da man de Esperanza Mara.

A obra plástica de Conde Corbal, segundo apunta a edil, “conxuga o analítico (a razón) e o emotivo (o sentimento) para que, nun expresionismo figurativo, o espectador comprenda á perfección o relato
visual e, polo tanto, o fondo do tema que reflicten as súas pezas e non só a forma. Deste xeito, a súa arte lévanos nunha viaxe no tempo para manter viva a memoria e convidar á reflexión.” Lojo quixo tamén
agradece-la colaboración do Museo do Gravado, entidade que gabou por “ser un importante axente na dinamización cultural, especializado no gravado, que centra o seu labor na colección, catalogación, estudo e
difusión da arte gráfica e das persoas creadoras arredor desta técnica.”
O fillo do artista pontevedrés, Enrique Corbal, falou das dificultades polas que pasou a concepción desta exposición ata que finalmente veu a luz para trasladar gran parte da historia de España no século XX.
Pechouse a quenda de intervencións coas palabras do alcalde, José Carlos Vidal, quen rememorou o momento no que coñeceu a obra de Conde Corbal catalogando un libro sobre Valle-Inclán durante a súa etapa como bibliotecario. A partir de aí, indagou máis sobre as súas creacións de marcado carácter expresionista e a súa visión do mundo: flora, cruceiros, retratos… ata chegar aos gravados sobre a guerra. Cualificouna como “unha obra marabillosa” na que “cada peza é un relato en si” cun grande proceso de documentación tras de si e referíndose a persoas ou colectivos determinados. Pois iso, cando foi coñecedor de que o Museo do Gravado tiña estas láminas, non dubidou en apostar por traelas ao público da Pobra.
Poderá visitarse durante todo o mes de outubro, de luns a venres, de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

Concello A Pobra

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.