“Lembrar o que fomos/somos para entender aos que agora migran a España” – Antón Luaces

10 Outubro 2024

Para un galego resulta duro, moi duro, comprender determinadas oposicións partidarias e mesmo persoais á entrada en España, polo medio que sexa, de migrantes. 

Datos oficiais consultados permiten establecer que, en 2020, o número de migrantes españois era 1.489.823 (687.833 homes e 791.990 mulleres) o 3,14% de poboación total española. Con esta importante cifra de migrados e coas fronteiras españolas practicamente pechadas á migración non regulada, esquecemos como chegaron galegos, canarios, vascos, extremeños ou andaluces a terras centro e suramericanas a principios do século XX de Cuba, Argentina, Venezuela, Estados Unidos, Brasil, etc., sen máis  medios e obxectivos que traballar e gañar uns cartos que en España non eran quen de acadar.

Outros migrantes das mesmas comunidades, ás que se sumaron os de Castela-León, optaron a partir dos anos 50 por migrar a Francia, Alemaña, Reino Unido, Suiza, Bélxica que, como agora España, precisaban de man de obra maioritariamente non especializada. 

Sen embargo esa necesidade atopouse coa negativa dos sindicatos deses países a acubillar a tantos migrantes. 

Foi o caso de Suíza, que se opuxo oficialmente ao recoñecemento dos dereitos que, como traballadores, tiñan os migrantes, moitos deles carentes de contrato de traballo. 

Suíza recibiu traballadores españois coa condición de que non podían traer aos seus fillos. Os fillos deses migrantes que foron a Suíza durante décadas demandaron unha desculpa pola política que, afirman, destruíu as súas familias e deixou a moitos deles  traumatizados.

Dende a década dos 50 do século pasado ata a de 1990, centos de milleiros de traballadores -primeiro dende Italia e despois procedentes de España, Portugal e a antiga Iugoslavia- viaxaron a Suíza. Traballaron en fábricas, estradas, construción, restaurantes e hoteis. O grande éxito económico de Suíza débese en grande medida a eles.

Os migrantes españois obtiñan permisos de traballo de entre 9 e 12 meses; moitos vivían en barracóns e a súa única función era traballar. O resto do núcleo familiar , incluíndo os fillos menores, non eran aceptados.

Un matrimonio podía traballar no mesmo lugar, pero debido aos permisos de traballo estipulados, os seus fillos debían permanecer no seu país de orixe, neste caso España.

Pobos enteiros chegaron a depender do diñeiro que os migrantes enviaban dende Suíza.

Houbo familias que introducían aos seus fillos “de contrabando” e os mantiñan agochados, o que significaba non ir á escola e que, no caso de precisar dun servizo médico, o profesional tiña que gardar silencio. Nos anos 70 había milleiros de nenos agochados nas casas mentres seus pais traballaban. Xogaban fóra pola noite.

O permiso de traballo de temporada foi abolido en Suíza no ano 2002, cando o país acordou sumarse á política de libre circulación de persoas da Unión Europea.

Haberá hoxe en día en España nenos agochados, carentes de dereitos sociais polos atrancos que se poñen ao acceso a un posto de traballo dos seus pais?. Ata onde cadran as circunstancias de Suíza xa relatadas coa negativa que preconizan algúns partidos españois á entrada de migrantes?.

Talvez pretenden que se repita en España o que moitos migrantes españois tiveron que vivir en Suíza?.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.