A promotora i-Radia Crea, o Concello e a Deputación reivindican co proxecto Ruando as mulleres que construíron Muros

09 Outubro 2024

A área de igualdade da Deputación da Coruña, o Concello de Muros e a promotora i-Radia Crea adiantaron detalles do proxecto expositivo Ruando, unha iniciativa sociocultural das ditas entidades que será presentada o próximo 18 de outubro. O principal obxectivo desta proposta é “visibilizar a historia local de Muros a través das voces e experiencias das súas mulleres”, cuxo traballo foi ocultado durante séculos malia ter contribuído decisivamente ao desenvolvemento da vila.

A través de Ruando, poranse en valor as contribucións de costureiras, leiteiras, mariscadoras, conserveiras e outras profesionais de sectores tradicionalmente feminizados e a miúdo esquecidos, pero que sustentaron a economía e a vida comunitaria.

A exposición ofrecerá aos veciños e visitantes “unha experiencia única para coñecer a historia local desde unha nova óptica, resaltando a relevancia dos espazos de socialización e as persoas que lles deron vida”, segundo salientou a Deputación.

Ruando pretende dar valor á memoria local do Concello de Muros mediante unha exposición que reconstrúa o pasado da vila, poñendo en primeiro plano os espazos comunitarios que marcaron a vida da veciñanza. Ademais, busca visibilizar as historias das mulleres cotiás que, grazas ao seu esforzo e traballo constante, foron esenciais no desenvolvemento do municipio.

As voces silenciadas que merecen ser escoitadas é outro dos lemas que acompañan esta proposta. A iniciativa tamén promove a participación activa de persoas de todas as idades para crear un lugar inclusivo que fomente o diálogo interxeracional, que se poderá experimentar en directo a través da montaxe da empresa galega de deseño Labauh, encargada de transformar este espazo nun escenario de interacción e expresión para toda a comunidade.

A iniciativa reivindica, así, a memoria cultural e colectiva da vila desde unha perspectiva de xénero, poñendo o foco nas contribucións das mulleres ao longo da historia de Muros.

Con vistas de futuro, Ruando ten o potencial de estenderse a outros concellos, ofrecendo unha plataforma para que novas historias de vida sexan escoitadas e valoradas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.