A Consellería do Mar avanza coas confrarías o deseño do plan para a xestión do polbo

08 Outubro 2024

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, mantivo hoxe un encontro cos representantes das federacións de confrarías de pescadores provinciais e autonómica co obxectivo de avanzar no deseño do próximo plan de xestión do polbo. Así, o responsable autonómico explicou ao sector o traballo que vén realizando desde o seu departamento para elaborar un borrador no que se recolla aspectos como os meses de parada da actividade extractiva, o número de nasas autorizadas, o número de quilos e outras medidas de carácter técnico.

O responsable autonómico acordou cos representantes do sector o traslado unha primeira versión do documento nunha vindeira reunión co obxectivo de estudalo e recoller as aportacións que se consideren precisar por parte dos profesionais de cara a versión definitiva. Cómpre recordar que nos últimos anos estase a observar cambios no comportamento desta especie polo que resulta preciso realizar axustes do plan de xestión.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.