Unha persoa falece nun accidente de tráfico na avenida de Ferrol, en Ribeira

08 Outubro 2024

Un home de 50 anos faleceu nun accidente de tráfico no Concello de Ribeira.

Outras dúas persoas resultaron feridas leves

O falecido conducía un vehículo que, por causas que se descoñecen, invadiu o carril contrario. Nese momento, chocou cun coche que viña de fronte ocupado por outras dúas persoas.

O sinistro ocorreu arredor das seis e vinte da tarde na Avenida de Ferrol.

Os efectivos do 061 que interviñeron no lugar xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Ata o lugar desprazáronse tamén os bombeiros de Ribeira e Boiro e protección civil.

O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Riveira e Boiro interviñeron nun accidente de tráfico acontecido Avenida de Ferrol, no concello de Ribeira.

No accidente houbo unha persoa falecida e dous feridos.

Dotacións de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Ribeira e Boiro intervindo en grave accidente a AVD de Ferrol no Concello de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.