O Goberno activará a vindeira semana a transferencia da xestión do litoral a Galicia

05 Outubro 2024

O Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática comunicou este venres ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o inminente envío do borrador do documento que servirá de base para concretar a transferencia a Galicia da competencia de xestión do litoral.

Segundo explicou o propio Rueda na apertura da xornada ‘Cuestións do litoral. Visións a partir da doutrina constitucional de 2024’, organizada pola Universidade de Vigo, este documento será o punto de inicio deste proceso, que se abordará na Comisión Mixta de Transferencias.

Tras apuntar que “outras Comunidades, cunha redacción estatutaria practicamente igual á de Galicia” obtiveron o compromiso de prazos para esta transferencia, Alfonso Rueda sinalou que “todo aquel a quen llo permita o ordenamento xurídico está no seu dereito para reivindicala”.

“O que reclamamos é o mesmo trato”, proclamou o titular da Xunta, quen manifestou o seu desexo de que ese borrador que envíe o Goberno nuns días “sirva de documento de traballo rápido” para que se poida constituír a Comisión Mixta “rapidamente” e poñerse “a traballar”.

Así mesmo, pediu que se dote a Galicia “de medios” para “poder exercer ese dereito”, avalado polo Tribunal Constitucional, e “poder ser eficaces”.

Durante a súa intervención, Alfonso Rueda defendeu a determinación do goberno galego de “tomarse en serio a ordenación do litoral”, e puxo en valor a lei aprobada polo Parlamento autonómico, recorrida polo Goberno ante o Tribunal Constitucional, órgano que acabou avalando a norma.

Así, subliñou que a Xunta non pretendía outra cousa que permitir a Galicia “exercer a súa capacidade” desde o “convencemento de que, desde aquí, podíase facer mellor”, e cummpliendo co ordenamento xeral, coa Constitución e con todo o que debe ser observado”.

“Ese foi o espírito que inspirou a nosa lei. Tentamos falar co Goberno. Eu tenteino persoalmente, había compromiso de diálogo, ningunha intención de confrontar”, proclamou Rueda, que engadiu: “Isto acabou nun recurso ante ao Tribunal Constitucional, ao que agradezo que fixese o seu traballo”.

Eólica mariña

Por outra banda, tras insistir en que a preservación do medio ambiente debe compatibilizarse co desenvolvemento económico e de emprego no territorio, referiuse ao paso dado polo Executivo central para regular “por fin” a actividade eólica mariña.

O presidente da Xunta incidiu en que será “perfectamente compatible” preservar os dereitos do sector pesqueiro con “as oportunidades que todo iso pode supoñer”. “Pido sentidiño e garanto a intención da Xunta de preservar a legalidade, e a decidida determinación de tentar que as actividades económicas, a riqueza e as oportunidades que chaman á porta queden en Galicia”, sentenciou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.