Se quere darlle luz a un cadro, pinte con negro, unha ou dúas mans. Se quere vestir de loito
compre traxe de cor negra e se quere seguir amando á soidade, envolva a cara nun trapo
negro e agarde polo futuro, ese tempo no que todo será claridade, solvencia e dinamismo,
aínda que tamén pode ser negro.
A vestimenta negra enche os armarios das casas dos que buscan a cor para identificarse con
ela e adquirir tranquilidade e sosego. Camisa negra, chaleco negro, pantalón e chaqueta da
mesma cor, negra. Un negro sufrido que ten que aguantar moito tempo sen perder o ton do
torontontón. Poucas son as persoas que se visten sempre de negro e moi poucas as que non
teñen no seu armario algunha prenda de cor negra, para combinar, para presumir e para
alumear.
Ao falar do negro, a psicoloxía da cor recomenda esta, xa que, de entre todas, a cor negra é
das que máis axudan á conexión directa coas emocións, ese estado de ánimo procedente da
ledicia, da sorpresa e tamén do medo. As cores negras, brancas e roxas son duradeiras,
caprichosas e amorosas. A negra, segundo os expertos, é capaz de influír, máis que
ningunha outra, na personalidade e carácter das persoas ás que lles gusta esta cor.
Vestir de negro parece que é “ir de serio”. É para expresar sentimento e sensación de forza,
transmitir esa necesaria idea da paz. Debería vestir de negro medio mundo, para parar
definitivamente as guerras e para que cadaquén teña sinal das miradas da sociedade, con
vehemencia e sen ningunha expresión extraordinaria de xenreira.
A cor negra trae á memoria lembranzas de melancolía e tristeza, de elegancia e tamén de
protección, escondéndose na escuridade, detrás da luz de todas as lámpadas. Quen viste de
negro, de pés á cabeza, está mostrando á veciñanza a súa seriedade ou dicíndolle que se
identifica cos góticos ou cos rebeldes de estética escura. Hai textos, documentos e estudos,
elaborados por científicos e expertos en psicoloxía da cor, que conclúen sinalando diversas
interpretacións sobre a cor negra na vestimenta das persoas.
En calquera caso, o negro é elegante, serio e protocolario. As outras cores na roupa nova e
ben feita, tamén. Igual que o cabelo dourado é tan fermoso como o negro ou o branco
peiteado. A Tía Manuela insiste: “nisto, o mellor é o normal”. Normal! Si, conforme ao que é
máis frecuente e habitual, o común, o corrente e ordinario, aínda que a veces,
precisamente, o normal non é tan normal como vostedes e eu pensamos. E o normal
debemos estendelo ao grade abano das cores, de tódalas cores, incluídas as do ceo, as do
mar e as diferentes cores do verán e do inverno
“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla
Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...



