Unha persoa atrapada tras unha saída de vía en Muros

02 Outubro 2024

Outra persoa tivo que ser excarcerada ao producirse unha saída de vía na AC-550, no quilómetro 45, na parroquia de Abelleira, en Muros.

Ás 12 horas o 112 Galicia recibía o aviso por parte do sistema de emerxencias integrado no vehículo. Mediante este sistema puidose contactar co particular implicado no accidente, o cal indicaba que tivera unha saída de vía co vehículo que conducía e non era capaz de saír do mesmo, xa que estaba envorcado.

De inmediato, pasouse aviso aos membros do GES de Muros, que foron os encargados de liberar á persoa que estaba atrapada polos pés. A maiores, tamén se informou aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que finalmente a persoa foi trasladada polos seus propios medios ao Punto de Atención Continuada.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.