En marcha a Ludoteca de Porto do Son con actividades para crianzas de 3 a 12 anos

02 Outubro 2024

Co inicio do novo curso regresa a actividade da Ludoteca Municipal do Concello de Porto do Son, un servizo de gran utilidade para a dinamización e o lecer infantil e familiar, e tamén para facilitar a conciliación durante o ano escolar. Haberá dous grupos: o grupo de 3 a 5 anos (a elixir os xoves ou os venres) e o grupo de 6 a 12 anos (a elixir o luns, o martes ou o mércores). As actividades desenvolveranse en horario de tarde, de 16.20 a 19.30 horas. Quen precise máis información ou formalizar as inscricións pode contactar coa Ludoteca a través dos números de teléfono 981767589 – 698197909 ou enviando un correo á conta omix@portodoson.gal. Na web municipal tamén poden recadar máis datos sobre a oferta de actividades.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.