Collen a uns ladróns que roubaban aceite nun inmoble de Ribeira

01 Outubro 2024

O propietario, que usa a casa como almacén doméstico, pechara con chave e non estaba, pero os asaltantes forzaran a porta

Un particular avisou a Policía Local de Ribeira preto da unha da madrugada do domingo. Explicaba que estaba vendo uns mozos entrar nun inmoble da rúa de Galicia. O propietario, que usa a casa como almacén doméstico, pechara con chave e non estaba, pero os asaltantes forzaran a porta.

Os axentes levaron ao calabozo un dos presuntos ladróns. O outro escapou despois de deixar tirado no chan o curioso botín: dúas garrafas e cinco botellas de aceite, valoradas nuns cen euros. O único detido xa foi posto en liberdade á espera de que se celebre o xuízo.(TVG)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.