“Luz verde á regulacion da eólica mariña nas augas españolas” – Antón Luaces

01 Outubro 2024

Un pipote de auga fría para o sector pesqueiro galego en particular – en xeral para a pesca española- e unha festa maior para a Asociación Empresarial Eólica (AEE)  é o que significa o novo Real Decreto do Goberno español que “prioriza o diálogo cos sectores afectados antes de cada poxa”, o que se entende como un “paso decisivo” para o despregamento dos eólicos no mar. Para a AEE ese Real Decreto mantén que os proxectos representarán a coexistencia con outras actividades (sen especificar cales). 

Si, o Consello de Ministros aprobou o Real Decreto que regula a produción de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables instaladas no mar, no marco normativo de referencia para desenvolver este tipo de instalacións. A norma garante, mediante concursos, que só se van materializar as instalacións eólicas mariñas nas Zonas de Alto Potencial (ZAPER) identificadas para este mester nos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM), o que van permitir, á vez, outorgar a reserva de capacidade na rede de electricidade nun nó concreto e a prioridade no outorgamento da concesión de ocupación de Dominio Público Marítimo-terrestre. Os proxectos seguirán a someterse aos requisitos ordinarios, como obter unha Declaración de Impacto Ambiental Positiva ou cumprir fitos e prazos de tramitación.

Para a frota pesqueira non é unha boa nova porque, como é sabido, o sector tentaba a suspensión dos POEM dende que estes se deran a coñecer. Vai poucos días, a Plataforma en Defensa da Pesca e os Ecosistemas Mariños presentou un recurso de amparo que desestimara a solicitude de anulación dos POEM. Agora, o Real Decreto xa citado establece unha fase de diálogo público entre os promotores e os sectores afectados para “incrementar as externalidades positivas, o desenvolvemento industrial das rexións costeiras próximas e a coexistencia das instalacións de xeración con outros usos das augas, como a navegación”.

Unha Orde ministerial incluirá elementos da ZAPER nas que se emprazarán as instalacións e os nós de conexión, o cupo de potencia, os parámetros retributivos ou o o prazo de  conexión. Tamén contarán medidas favorecedoras da compatibilidade con outros sectores, como a pesca.

Virá seguidamente o concurso que establecerá o calendario e outros elementos, e poderá incluír modificacións dos parámetros de diálogo público.

En contraste coa postura do sector pesqueiro, a AEE celebra a aprobación do novo Real Decreto da eólica mariña, que considera “un paso decisivo para comezar os proxectos de eólica mariña en España”, todo un fito que a industria eólica mariña “agardaba dende hai tempo para activar o despregamento da eólica mariña flotante nas nosas costas”. Agora é necesario e urxente seguir avanzando, segundo a patronal eólica, que estima que de se cumprir os obxectivos do novo Plan  Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2023-2030, van crearse 7.500 empregos de nova factura coa instalación dos 3 GW iniciais, aportando máis de 2.000 millóns de euros ao PIB nacional.

Para o interese económico e social do sector pesqueiro galego un argumento que non  rebate o dano previsto para esta comunidade autónoma.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.