En Rianxo, os bombeiros de Boiro interveñen nun accidente de tráfico múltiple na DP-702

30 Setembro 2024

Os bombeiros do parque provincial de Boiro foron alertados a primeira hora da mañá do 30 de setembro, dun accidente de tráfico con tres vehículos na DP-702, en Rianxo.

A chamada efectuouna un dos implicados, onde informou que dúas das persoas involucradas alegaban diversas molestias. Unha vez localizado o lugar do incidente, procédese a atendelos e esperar á chegada da ambulancia, que os traslada ao hospital de referencia.

O operativo consistiu na retirada de restos sólidos e líquidos rematando o servizo tras comprobar que a situación está controlada.

Completaron o operativo a Policía Local de Rianxo, a Garda Civil de Tráfico e o 061.

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña. Bombeiros Boiro

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.