Adxudicado o estudo integral para a nova sinalización do concello de Ribeira

30 Setembro 2024

O Concello de Ribeira segue avanzando na mellora dos servizos para a veciñanza e para as persoas visitantes, por exemplo coa adxudicación do estudo integral para a nova sinalización do municipio, proxecto encadrado no marco do Plan de Sustentabilidade Turística de Ribeira. Neste contémplase a elaboración dun plan que “mellore a imaxe xeral da contorna e que transmita unha información clara, comprensíbel e veraz á veciñanza pero tamén ás persoas visitantes”.

O equipo de Goberno lembra que “actualmente non existe unha sinalización clara e definida que facilite ás persoas chegar a diversos puntos de interese do municipio, por iso se pretende mellorar a sinalización para que estea actualizada e sexa de doada comprensión, e que ademais non xere un impacto visual negativo na contorna”.

Dada a complexidade do proxecto a realizar e a especificidade do mesmo, ao requirir estudo detallado sobre o terreo, deberá ser redactado por técnicos especializados nesta materia polo cal optouse pola contratación dun servizo externo para a redacción do devandito plan.

Segundo os servizos municipais o concello conta con 71 sinais de carácter turístico repartidas en diferentes puntos do territorio que presentan “unha casuística moi diferente”. O presente PSTD a través da actuación 14 representa unha oportunidade para reducir os elementos de sinalización mitigando o impacto visual actual e ao mesmo tempo impulsar a homologación da sinaléctica turística no destino.

Por iso o Plan Integral de sinalización turística dos recursos do destino ten como obxectivos:

-Identificar os sinais existentes nos puntos de maior carga turística do municipio ata un máximo de 100 elementos.

– Analizar o estado de situación dos devanditos sinais segundo unha clasificación previa acorde á súa finalidade que pode ser direccional/normativa, turística, informativa de servizos básicos e publicitaria (de empresas privadas que operan no territorio).

– Realizar unha proposta de intervención (segundo a situación de cada caso) para mellorar a sinalización existente de maneira integral diferenciando entre os elementos a retirar, a repoñer, unificar ou novos elementos a instalar.

A empresa encargada recompilará a información e documentación para o estudo, realizará o estudo de campo para ter o inventario e fará unha proposta de intervención para mellorar a sinalización contemplando para aqueles sinais que non sexan publicitarios (de empresas privadas) a unificación de sinais en tótems sempre que sexa oportuno, a reciclaxe ou recuperación de materiais sempre que sexa posíbel e aqueles sinais (especialmente de información de recursos turísticos) que deberían terse en conta para unha posíbel sinaléctica intelixente mediante códigos QR.

A redacción de dito proxecto foi adxudicado á empresa Trivium Extratexias en Cultura e Turismo S.L. por un total de 11.979€ IVE incluido dos fondos adxudicados polo Plan de Sustentabilidade Turística de Ribeira no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea Next Generation EU dos cales restan 107.900€ para a montaxe da nova sinalización. A data límite de execución será o vindeiro 26 de outubro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.