“Xesus Mato, amigo” – Xulio Xiz

30 Setembro 2024

Lembramos a Xesús Mato, xigante de Paradela, descubridor de mundos; conquistador irrefrenable de milleiros de persoas, que fixo seus amigos; que nos fixo seus amigos. Tiña o don de facer amigos. E de facer o ben. E do milagre da música.

E falo no nome destes amigos; de todos; devotos dun home sinxelo, humilde e grande, traballador, entusiasta, estudoso, escritor, músico, escoitador… sensible, agarimoso, popular… crego por riba de todo. Cercano, sandador de almas e conciencias, redentor dos que sufrían, forte diante dos poderosos, pequeno cos nenos, rapaz cos rapaces, vello sabio cos vellos…

Podía pensarse que Mato nacera para escoitar, para aconsellar, para axudar. Pero tamén para decidir, para pedir, para protestar, para berrar cando facía falla… Era un galego consciente, ilusionado, sabio, con visión de futuro, asunción do pasado, con vontade de redención do presente.

Para os amigos, Mato era o mellor amigo; comprensivo, sereno, entregado, xeneroso, boa xente; como dicía don Antonio Machado, “en el mejor sentido de la palabra, bueno”. Era un home intelixente, traballador e bo, que se entregou aos demais porque asumiu que o seu país necesitaba servidores, e estaba disposto a ser o primeiro para que todos os que o coñecesen imitasen a súa xenerosidade e a súa entrega.

Xesús Mato chegou ás nosas vidas -no meu caso cando eu era moi novo- para non irse nunca. Entre outros moitos mundos descubriunos esta terra. Era un home de Paradela -amaba a terra e as xentes-, que se converteu nun home de Deus. E a nós cómprenos lembralo e imitalo. Cada quen, nas súas posibilidades, no seu traballo, na súa familia, no seu país… Imitalo aínda sabendo que nunca poderemos chegar ao seu exemplo.

Xesús sorriría admirado e agradecido de que este centro vaia levar o seu nome. E o mesmo que lle dicía cando a veces protestaba polas atencións que recibía, dígolle, agora na distancia: Hai que deixarse querer Xesús… Cando che fan isto, por algo será… “De Paradela ao ceo”, no teu caso é verdade. Tíñalo ben gañado. Míranos aquí a todos… Isto é para ti. Se todos nós sabemos querer, ti es o responsable. Tés que deixarte querer.

(Xulio, na homenaxe a Mato en Paradela, o 28.09.24)

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.