O Concello de Rianxo anuncia novos traballos de asfaltado en Rianxiño, Brión e A Capela

29 Setembro 2024

A Concellería de Obras de Rianxo impulsou neste remate de setembro novos asfaltados en vías municipais. As actuacións, valoradas en 93.000€, levaranse a cabo en estradas localizadas nos núcleos de Rianxiño (Rianxo), Brión (Leiro) e A Capela (Araño). Estas consistirán sobre todo na renovación do firme cunha capa de mistura bituminosa en quente, informou o Concellería, engadindo que estes traballos súmanse a actuacións semellantes executadas durante o presente exercicio nos núcleos de Suigrexa (Asados), A Revolta (Asados), Salto do Lobo (Rianxo) e Ourolo (Taragoña) no marco do desenvolvemento do Plan de Mantemento das Vías Municipais deseñado polo Executivo de Julián Bustelo. Canda estes, acometéronse tarefas de nivelación do firme mediante aplicación de rego asfáltico en outros puntos do municipio.

O concelleiro de Obras, José Alberto Angueira, destacou o “esforzo investidor que está a realizar o Concello de Rianxo botando man de fondos propios para pouco a pouco ir corrixindo o estado no que se atopan moitas vías municipais”.

Outros artigos

Ribeira iza a súa quinta Bandeira Verde

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto ao concelleiro de Medio Ambiente, Víctor Reiriz, izaron hoxe no paseo marítimo de Coroso a quinta Bandeira Verde de Galicia que recibe o municipio por quinto ano consecutivo. Esta distinción fundaméntase nun total de 11...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.