“Premios Bacelos de Prata 2024”. Xosé González Martínez

28 Setembro 2024

Lembro moi ben a primeira vez que visitei a Casa dos Ulloa, pazo de aboengo, situado en
Esposende do concello de Ribadavia. Acababa de mercala o amigo Cándido Vázquez coa
finalidade de convertela nunha casa rural. Aquel pazo fora moradía da familia dos Ulloa
coa que emparentara o catedrático Álvaro das Casas, un home clave no rexurdimento do
galeguismo na década dos anos trinta do século pasado. Sendo catedrático no Instituto
de Noia fundara o grupo xuvenil “Ultreia”, un movemento asociativo sen precedentes na
historia de Galicia. Chegou a ter inscritos máis de tres mil mozos; as mulleres eran ben
poucas, por certo. Moitos deles foron cualificados militantes da causa galeguista anos
despois, desepeñando postos relevantes na reconstrución da identidade galega.
Naquela visita Cándido Vázquez amosarame unha amplísima documentación que atopou
arrombada nunha das dependencias do pazo. Carteis das festas da parroquia de
Esposende editados en lingua galega, e moitos recordatorios ou obituarios, que así se lles
chamaba a este tipo de publicacións, para anunciar as exequias de persoas falecidas,
todas elas impresas tamén en lingua galega.
Álvaro das Casas foi tamén fundador da UCRA (Unión de Colleiteiros do Ribeiro do Avía)
en xaneiro de 1936. Pouca vida tivo aquel proxecto asociativo, que foi tronzado pola
sublevación militar. Pero os seus obxectivos prevaleceron, e aínda hoxe teñen vixencia.
Facía moito fincapé na necesidade de recuperar as castes de viño autóctonas, o control
de calidade, e, sobre todo, identificalos coa cultura galega. Entre a morea de papeis
atopada sorprendéronnos os centos de etiquetas destinadas a identificaren os envases da
marca do viño que Álvaro das Casas pensaba comercializar en lingua galega.
Por volta dos anos noventa recuperamos o orixinal discurso galeguizador de Álvaro das
Casas. Constituímos unha asociación co seu nome e convocamos os premios “Bacelos
de Prata” para premiar aos adegueiros que etiquetan as botellas en lingua galega. Os
premios ampliámolos a outros produtos agroalimentarios que fan o mesmo.
Este ano o xurado concedeullelos a dúas marcas comerciais ben coñecidas: unha de
viños e outra de produtos lácteos.
A Adega Pazo Lalón, que está situada na localidade de Barro de Gomariz, no veciño
concello de Leiro. Elaboradores de viños desde o ano 1992, botando man da máxima
tecnoloxía, pero sendo fieis a unha maneira tradicional de facelos. Cómpre dicir que pola
súa calidade foron distinguidos con premios ben reputados no sector vinícola.
Kalekói, constituída en 2014 no concello de Rodeiro (Pontevedra), elabora iogures
naturais con froitas de tempada, e leite envasado procedente das vacas que pacen na
propia explotación agrícola de 42 hectáreas de extensión. A marca converteuse nun
produto de referencia nos máis recoñecidos centros de distibución de produtos de
alimentación.
Estas dúas marcas comerciais son a expresión do éxito empresarial baseado na
excelencia das súas ofertas comerciais, que decidiron, ademais, aliarse estratexicamente

co idioma galego como un elemento diferenciador, e reforzar así a autenticidade da oríxe
xeográfica onde se elaboran. Un amplísimo sector do consusmidores ávidos da
galeguización da economía prefiren estes produtos por esa peculiar característica.
O próximo sábado, día 5, ás 12:00 horas, as portas da adega da Casa dos Ulloa estarán
abertas para recibir a todas as persoas que miran con simpatía este proceso
galeguizador da economía galega. A cantora María do Ceo animará o acto coas súas
celmosas melodías.
*Presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.