“E tí quen és?, unha pregunta con, cada vez, menos resposta”. Antón Luaces

27 Setembro 2024

  Vai aos poucos, en principio. E un día decátaste de que esa persoa importante para tí comeza a expresar alteracións no pensamento, na memoria, na toma de decisións. Ten dificultade para se concentrar, para lembrar, para solucionar problemas; mais na túa opinión, todo é consecuencia da idade: supera os 70 anos e é unha cousa normal que non complete determinadas actividades, que non comprenda, que lle “falle a memoria”, a comprensión non é completa, a linguaxe é, as veces, inconexa. E un día, xantando, esa persoa de mirada agora perdida,

pregunta: “E ti quen és?”. 

Vénseche á memoria aquel tempo no que empurraba o rin-ran que o avó fixera no alboio da casa matricia coa corda das vacas pendurada dunha viga e unha molida (das que utilizaban os homes da casa para carrexar o molime para a corte do gando) e do que tanto desfrutabas, para sentar. E ela, esa persoa que tanto querías, ría cantando para tí -como cada día- : “Dedín dedín, cabezolín, cabezolán, cando o rei por aquí pasou sete aves convidou, para tí, para min, para o rei de Portugal, cabezolín, cabezolán, váite deitar ao niño do can”.

Era un canto vello e un xogo inocente. Tanto ou máis ca persoa que o entoaba. 

“E tí quen és?”, terqueara aquel día, estragando o feitizo do caldo de repolo. 

Dánche gañas de lle preguntar se estaba de coña. Pero os seus inmensos ollos azuis, o sorriso maino e a faciana perdida nun mundo que non era o seu evidenciaban a perda dunha esencia que a caracterizaba e que, naquel intre, signficaba incomprensión, desorientación, incapacidade para actualizar o que a cotío empregaba.

Non houbo resposta e o seu estado de ánimo mudou. Dende ese día non foi a mesma persoa: pasou de perder o fío dos seus pensamentos a, definitivamente, perder a memoria. Debuxou un eterno sorriso nos beizos e así se foi para sempre na ingrata compaña do alzheimer. 

Hoxe mesmo, un antigo amigo e compañeiro de profesión díxome que outro amigo, e asimesmo compañeiro, estaba internado nun centro por padecer demencia senil após cumprir todo o proceso de afectación cognitiva que xa non lle permitira lembrar nos últimos tempos nen sequera o que foi o seu tan querido traballo de xornalista en prensa, radio e televisión durante máis de corenta anos coallados de éxitos profesionais.

E.. haberá nada máis duro para un xornalista que perder a memoria do vivido, do mil veces explicado, do tantas veces debatido, e chegar a preguntar “E tí quen és?”.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.