BNG esixe liberar de peaxes o treito da AP-9 entre Padrón e Santiago

27 Setembro 2024

O Bloque Nacionalista Galego reclama ao Goberno do Estado a liberalización de peaxes da AP-9 no tramo entre Santiago de Compostela e Padrón ante as obras de humanización que se están a levar a cabo na N-550 no núcleo do Milladoiro, termo municipal de Ames. O deputado do BNG, Néstor Rego, sinala que esta “é a única alternativa adecuada e viábel que garante a circulación efectiva dos vehículos que acotío empregaba a N-550 en ambos sentidos”.

Acompañando o deputado do BNG nas Cortes do Estado estivo a deputada no Parlamento de Galiza, Iria Carreira, e os portavoces do BNG nalgúns dos concellos afectados polas obras de humanización do Milladoiro: Escarlata Pampín, de Ames; Eloi Devesa, de Teo; Bea Rei, de Padrón; Pichi Blanco, de Negreira e Begoña Ares, de Rois. Ademais, tamén estiveron os concelleiros do BNG en Ames, Rosalía Seijas e Carlos Vieito.

Indicou que “a situación puntual que exixe que, como mínimo, o tramo da AP-9 entre Santiago e Padrón quede libre de peaxes; estamos a falar que as obras de humanización da N-550 ao seu paso polo Milladoiro reducirá os carrís de circulación a un en cada sentido de marcha e que durarán até, como mínimo, finais de 2025”, sinalou o deputado Néstor Rego.

“A única alternativa real que existe para o tránsito tan intenso que hai nesta N-550 de vehículos lixeiros mais tamén de pesados como camións é a Autoestrada do Atlántico” afirma o deputado nacionalista. O BNG, neste sentido, avanzou o rexistro de iniciativas no Congreso así como nos diferentes concellos afectados polas obras e “seguiremos traballando para que o antes posíbel se libere de peaxes esta autoestrada”.

Por unha AP-9 galega e libre de peaxes

“O BNG leva moito tempo reclamando unha AP-9 galega e libre de peaxes. A gratuidade da Autoestrada do Atlántico porque, ademais, hai un procedemento de infracción da Unión Europea que indica que a prórroga -feita por un goberno do Partido Popular, de Aznar- foi ilegal polo que é o momento de que a AP-9 se converta nunha autoestrada libre de peaxes” comezou o deputado do BNG. O resto, indica, castigar os galegos e galegas “que temos que continuar pagando” e “agravar os custos de produción das empresas galegas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.