“Onde os problemas teñen flores: a pesca” – Antón Luaces

26 Setembro 2024

Medran sós. Non precisan abonos porque o mar é tan xeneroso que a un naufraxio coma o do Prestige é quen de respostar en pouco tempo con mareas que falan de recuperación e capacidade. É o mar, ese ser inmenso e vivo na súa capacidade de dar malia o suma e sigue dos intentos polo acoutar. Un mar concibido como resposta ás inacabables necesidades doutros seres vivos -entre estes os humanos- en materias coma a alimentación, o transporte, a medicina ou, asimesmo entroutros, a rexeneración das condicións de vida no planeta Terra. Sen o mar non poderiamos vivir.

Sen embargo, persoal ou colectivamente, o humano actúa demasiadas veces -sempre?- a prol do seu interese inmediato e sen ter en conta o dano que causa á parte líquida dun planeta que estamos a fulminar comezando por constantemente lesionar o mar, ese do que tantos vivimos. 

Exemplos?: a Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños (Manifesto de Burela) que manifesta o seu público rexeitamento aos parques mariños xeradores de enerxía eléctrica dado que impiden o desenvolvemento pesqueiro tradicional porque os seus promotores -as grandes industrias eléctricas- non apoian como deberían ao sector da pesca. Esta plataforma deixa a súa pegada alí onde é necesario facerse escoitar e, na defensa do interese xeral, formula recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional para que se anule a sentenza que da o visto e prace á implantación da eólica mariña en augas españolas, saltándose o principio de precaución e o artigo 24 CE. 

Unha plataforma que fai unha valoración moi negativa do que supón que o Goberno dea o pistoletazo de saída definitivo á instalación de polígonos de eólica mariña, sabedor de que se saltan a lexislación medioambiental e atacan directamente a viabilidade dun sector tan importante para España como é o pesqueiro.

Este 25 de setembro de 2024 publicouse no BOE o Real Decreto 962/2024, de 24 de setembro, que regula a produción de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables en instalacións localizadas no mar. Deste xeito, asevera a Plataforma, o Goberno emprende unha carreira desenfreada para que, “saltándose todas as cautelas medioambientais e a necesaria ponderación de impactos socieconómicos sobre o sector que se vería máis prexudicado, o sector pesqueiro, se implante con urxencia e sen garantías de protección para os nosos ecosistemas mariños e de salvagarda do noso sector pesqueiro”. 

Para a Plataforma, o Ministerio de Transición Ecolóxica actúa ao ditado do loby da eólica mariña, renunciando a defender o interese xeral “coa escusa da transición enerxética e a loita contra o cambio climático” que, segundo o acordo de París de 2015 “non porá en risco a produción de alimentos”. 

O Convenio para a Protección do Medio Ambiente Mariño no Atlántico Nordeste de 1992 obriga a España á adopción de medidas preventivas cando haxa motivos razoables para pensar que as industrias da enerxía mariña direta ou indirectamente poidan obstaculizar outros usos no mar e danar os ecosistemas mariños. Algo que semella non impedir a planificación dos parques eólicos mariños na costa noroeste peninsular.

Afirma a Plataforma que este Real Decreto é “un atropelo aos ecosistemas mariños, que quedan en total indefensión, un ataque directo á pesca española e un desprezo aos nosos científicos, que xa informaron ao Ministerio dos indicios de posíbeis impactos destas industrias nos ecosistemas mariños e que están levando a cabo estudos sobre como poderían afectar estas instalacións aos sistemas e stocks pesqueiros presentes nas zonas reservadas para a eólica mariña en España”.

Está o Goberno defendendo realmente os intereses pesqueiros incompatibles cos da industria eléctrica?.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.