Rematan os traballos de mellora na rúa Torreiro de Corrubedo

04 Xullo 2019

20190704 O Concello de Ribeira vén de informar do remate dos traballos de acondicionamento da rúa Torreiro en Corrubedo, uns traballos que consistiron en obras de pavimentación e instalación de liña de pluviais. A empresa encargada da actuación foi a firma Excavaciones Nima. S.L, sendo o investimento achegado para o acondicionamento de 22.649 euros, IVE incluído.

Segundo engade o Goberno local, o proxecto executado tiña unha dupla finalidade: por unha banda mellorar o pavimento da rúa Torreiro e, pola outra, conectar as acometidas domiciliarias de augas residuais ao colector conducente á EDAR de Corrubedo. Ademais, outro dos obxectivos era instalar unha rede independente para a recollida de augas pluviais. No que respecta ao saneamento executáronse sete acometidas domiliciarias, mentres que para pluviais instaláronse 60 metros de tubaxe de PVC corrugado, catro pozos de rexistro, catro arquetas sumidoiro e catro acometidas. En canto a pavimentos, “combinouse o formigón puído con franxas de pedra de granito”, explicou o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.