Portos de Galicia autoriza a Salvamento Marítimo o uso de locais en Ribeira, O Son e Camariñas sen pago de taxas

25 Setembro 2024

Portos de Galicia vén de outorgar tres autorizacións administrativas a favor da Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR), para a ocupación de tres edificios nos peiraos de Camariñas, Porto do Son e Ribeira. A entidade, dependente do Ministerio de Transportes, destinará ditos locais a actividade de oficina, taller e almacén. A autorización recolle un período de vixencia de 4 anos.
O título administrativo contempla a aplicación do artigo 40 da Lei de Taxas de Portos de Galicia para a exención do 100% das taxas por ocupación de dominio público Salvamento Marítimo cando desenvolva as actividades propias da entidade, encadradas entre as finalidades públicas. Por este motivo non terá que abonar importe algún polo uso dos tres departamentos de titularidade de Portos de Galicia.
A Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima, comunmente chamada Salvamento Marítimo, é un empresa pública estatal encargada da seguridade marítima en augas españolas. Está adscrita ao Ministerio de Transportes e Mobilidad Sostenible a través da Dirección Xeral da Marina Mercante. Este servizo comparte tarefas de seguridade e traballa coordinadamente co Servizo de Gardacostas da Consellería do Mar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.