Chega a 11ª edición do Concurso de Poesía Albariza convocado polo Centro Recreativo de Artes e o Concello de Ribeira

25 Setembro 2024

O Centro Recreativo de Artes e o Concello de Ribeira, a través da súa Área de Cultura, organizan a 11ª edición do Concurso de Poesía Albariza. Ao acto de presentación non faltou a concelleira de Cultura, Antía Alberte xunto con Manuel Reiriz, presidente do Centro Recreativo de Artes, Naima El Gargari, da parte directiva do centro e o técnico de cultura, Unai González.

Segundo fixeron saber, poderán participar no concurso todas as persoas que presenten as súas obras en lingua galega. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa extensión, sen sinatura nin sinal ningún que denuncie a súa procedencia.

Alberte abriu o acto felicitando aos representantes do Centro Recreativo por chegar a está undécima edición. Tamén matizou que “é un valor incentivar a arte da escrita, tan persoal, tan subxectiva como pode ser a poesía, tan libre ao final; porque é un eido que nos expande máis alá da narrativa, permítenos xogar coa lingua”. Finalizou agradecendo a Reiriz por continuar con esta idea, e engadiu que o Concello o ano pasado tomou as rendas de facelo conxuntamente e como concelleira de Cultura comprometeuse “á súa continuidade”.

Reiriz anunciou que a nova xerente do C.R.A. vai ser Naima que se encargará da coordinación desta undécima edición e agradeceu o labor que desempeñan no certame Alicia Padín xunto con Unai González e á concelleira de Cultura e máis o concello de Ribeira.

Manuel Reiriz anunciou que deixa a presidencia do centro na próxima asemblea despois de 40 anos.

O prazo de admisión de orixinais rematará o 21 de outubro do 2024, ás 15:00 horas.

A entrega de premios celebrarase o domingo 10 de novembro, ás 17:00 h no C.R.A. ca actuación da rondalla Os Trovadores de Ares máis un ágape para os asistentes, ao remate.

As bases estarán publicadas na web municipal.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.