“Escarabote: un nome, un recoñecemento e unha estrada ao peirao”. Antón Luaces

25 Setembro 2024

Parte da veciñanza de Escarabote rexeita a pretensión do goberno municipal de Boiro de mudar o nome de Carretera do Muelle polo de rúa do Padre Joseba, que fai referencia ao sacerdote de Stella Maris que tanto axudou aos mariñeiros galegos moitos deles de Lampón, Escarabote, e as demáis parroquias boirenses sempre vinculadas á pesca marítima e, anos atrás, á pesqueira do bacallao en augas de Terranova, en cuxo territorio de San Xoán os habitantes deste pequeno núcleo canadiano falaban o galego arousàn coa mesma facilidade que o facían en francés e mesmo en inglés.

 Carretera do Muelle non é outra cousa que un castrapo que mistura o galego (do) e o castelán (carretera e muelle). Incorrecto plenamente. Tanto como  cando, nos anos 60 do século pasado, denominabamos a Escarabote “Ciudad de los Muchachos” pola moita  cativería que daquela había na parroquia pola que obrigadamente tiñas que pasar no desprazamento de Ribeira a Santiago e viceversa. Era tamén daquela Escarabote, unha especie de Arco da Vella polas moitas cores que lucían as casas que se apiñaban a unha e outra banda da estrada provincial que tantas veces nos serviu neses desprazamentos obrigados á hoxe capital de Galicia para actos tan cotiàns coma ir a un especialista médico, a comisaría de policía para facer o DNI, unha óptica, un instituto, á universidade ou realizar unha compra que non se podía levar a cabo en Ribeira, A Pobra ou no mesmo Boiro. 

Pois o mesmo acontece agora coa Carretera do Muelle que medio milleiro de cidadáns de Boiro reivindicarán cunha concentración a realizar contra o proxecto do goberno municipal que defende a proposta dar o nome do padre Joseba (que tanto axudou aos mariñeiros en San Xoán de Terranova) finado anos atrás, a un treito da vía entre Lampón  e Escarabote que conduce precísamente ao peirao polo que tantas veces pasaron eses mesmos mariñeiros aos que o padre Joseba prestaba auxilio en momentos pouco doados para a estadía deles nas frías terras daquelas illas  canadianas.

Coñecín a Joseba. Coñezo a moitos mariñeiros boirenses que tiveron contacto con el en Saint Johns. Sei do agradecemento que teñen ao seu labor -neste caso non  pastoral, senón de axuda- para embarcar ou manteren contacto coas súas familias de Galicia. E sei da súa entrega a todo canto significaba o eido pesqueiro. E coido que debe ser moi importante que se manteña o nome de Carretera do Muelle en troques do que a asociación AETINAPE saudou con ledicia porque os titulados náutico pesqueiros coñecen ben de que se fala cando se menciona o nome do padre Joseba.  Este deixaría a súa bicicleta en calquera recuncho de Escarabote con tal de botar unha man a un mariñeiro que a precisara, pero non hai correspondencia en Escarabote a esa entrega que os pescadores de bacallao boirenses consideraran altamente e apoiaron cando o concello de Boiro acordou adicar a Joseba unha das rúas do municipio para honrar a memoria dun home que se entregou a Deus e aos mariñeiros nun servizo sen horario fixo e taxado para os profesionais do mar.

Pesa máis a Carretera do Muelle?. Vostedes mesmos teñen a resposta.

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.